Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

NORMAS BÁSICAS DE PARTICIPACIÓN

Este blog é un espazo para que os cidadáns e as partes interesadas expresen os seus puntos de vista e contribúan ao proceso de desenvolvemento do Plan Especial, nun clima de colaboración e respecto mutuos. Animámosvos   a enviar as vosas propostas e suxestións ao buzón que tedes a disposición. Porén, non se aceptarán os seguintes contidos: -os que non garden relación co Plan Especial ou sexan irrelevantes. -comentarios ofensivos, abusivos, difamatorios, xenófobos, ameazantes ou inadecuados de calquera tipo. -comentarios con fins publicitarios ou propagandísticos. -calqueroutro contido denunciado polos usuarios cunha xustificación válida. A través do formulario de denuncia pódese denunciar calquer comentario que considere inadecuado. Todo comentario que vulnere as presentes normas será eliminado do blog. Grazas pola túa colaboración PROTECCIÓN DE DATOS De conformidade co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, inf

O PROCESO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello de Carballo quere apostar pola participación da cidadanía no desenvolvemento do Plan Especial da Pedra do Sal. O obxectivo é acadar unha construcción colectiva e multidisciplinar entre os distintos axentes implicados no plan, baseada nun entendemento compartido da realidade, das necesidades e posibilidades do territorio, e, deste xeito, dar respostas adecuadas e sustentables, dentro da protección dos valores e das limitacións ambientais e sectoriais. Con esta finalidade, ponse a disposición do público xeral o presente blog , no se poderán seguir os distintos pasos e accións do proceso participativo. Así mesmo, ponse a disposición de todos vós unha caixa de propostas para que aportedes as vosas ideas ao desenvolvemento do plan.

FASES DA ELABORACIÓN E TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL

Imaxe

O OBXECTO DO PLAN ESPECIAL

-Dar cumprimento ao establecido polo POL para esta “área de recualificación”. -Preservar a paisaxe e os espazos naturais da Costa de Baldaio. -Protexer, rehabilitar e mellorar os elementos característicos da arquitectura da zona. -Ordenar a edificación existente e futura do núcleo da Pedra do sal, dacordo a criterios de sustentabilidade ambiental e paisaxísticos, establecendo ordenanzas específicas de integración na paisaxe. -Completar e ordenar as dotacións, os accesos e redes de servizos. -Ordenar sen edificar, os terreos valeiros en zona de servidume do Dominio Público Marítimo-Terrestre. -Ordenar os usos e actividades, tendo en conta a normativa sectorial aplicable (POL, Lei de Costas, Plan Director da Rede Natura 2000, Catálogo das Paisaxes de Galicia,…). -Ordenar a mobilidade e a accesibilidade ás praias, coas previsións necesarias. -Desenvolver e conectar a senda litoral prevista no PXOM. -Establecer accións de recuperación medioambiental e paisaxí

O ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL

Imaxe
É o delimitado no PXOM de Carballo, que o define do seguinte xeito: “O ámbito do Plan Especial inclúe os terreos definidos no POL como “área de recualificación” dentro da Unidade paisaxística de Baldaio, no entorno do núcleo da Pedra do Sal e a urbanización O Pinar, en contacto directo coa lagoa e praia de Baldaio, e desenvolverá tanto o solo de núcleo rural común como áreas de solo rústico de protección de costa e espazos naturais”.

¿CÓMO XURDE O PLAN ESPECIAL DA PEDRA DO SAL?

A súa andadura comeza co Plan de Ordenación do Litoral (POL) , o cal, na pula pola conservación, protección e valorización das zonas costeiras galegas, recoñece a necesidade de mellorar unha serie de aspectos no asentamento litoral da Pedra do Sal, relacionados coa calidade ambiental, natural, paisaxística e urbana do mesmo. Con este obxectivo o POL establece para o asentamento un “área de recualificación”, que posteriormente se traduce ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo (PXOM), a través da previsión do “Plan Especial de ordenación do núcleo rural de Pedra do Sal e protección do seu entorno”. Por outra banda, o Catálogo das Paisaxes de Galicia , incide, á súa vez, na necesidade da mellora dos aspectos paisaxísticos do asentamento da Pedra do Sal, fixando un “ámbito de especial atención paisaxística”, en contraste cos valores da Lagoa de Baldaio.

¿QUÉ É UN PLAN ESPECIAL?

Trátase dun documento de planeamento urbanístico dos previstos na lexislación, cuxo obxecto, determinacións e documentación son os establecidos na Lei 2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia e no Regulamento que a desenvolve: “Poderán formularse e aprobarse plans especiais coa finalidade de protexer ámbitos singulares, levar a cabo operacións de reforma interior, coordinar a execución de dotacións urbanísticas e protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural.” (Artigo 70.1 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia).

O ASENTAMENTO DA PEDRA DO SAL

Imaxe
Atopámonos na orla costeira bergantiñana do Concello de Carballo, no punto onde a Lagoa de Baldaio se abre ao mar entre dunas e areais, nun contexto excepcional de grandes valores paisaxísticos, naturais e ambientais. Aquí xurdiu na década dos anos 70 o asentamento da Pedra do Sal, en base ao interese vacacional sobre as praias e a segunda residencia, onde antes só houbera unha antiga casa de baños e a actividade de recollida do sal depositado polo mar. O crecemento do núcleo foi continuo ata a actualidade, acadando unha centena de vivendas e un pequeno desenvolvemento turístico asociado aos campings. O asentamento, hoxe recoñecido como núcleo rural na ordenación municipal, tivo un desenvolvemento de carácter espontáneo, o que deixou carencias na súa estrutura, dotacións, configuración e integración no medio natural e na paisaxe. Ao tempo, a considerable afluencia de visitantes e vehículos atraídos no verán polos areais, ven exercer unha elevada presión sobre os nomea