O OBXECTO DO PLAN ESPECIAL


-Dar cumprimento ao establecido polo POL para esta “área de recualificación”.

-Preservar a paisaxe e os espazos naturais da Costa de Baldaio.

-Protexer, rehabilitar e mellorar os elementos característicos da arquitectura da zona.

-Ordenar a edificación existente e futura do núcleo da Pedra do sal, dacordo a criterios de sustentabilidade ambiental e paisaxísticos, establecendo ordenanzas específicas de integración na paisaxe.

-Completar e ordenar as dotacións, os accesos e redes de servizos.

-Ordenar sen edificar, os terreos valeiros en zona de servidume do Dominio Público Marítimo-Terrestre.

-Ordenar os usos e actividades, tendo en conta a normativa sectorial aplicable (POL, Lei de Costas, Plan Director da Rede Natura 2000, Catálogo das Paisaxes de Galicia,…).

-Ordenar a mobilidade e a accesibilidade ás praias, coas previsións necesarias.

-Desenvolver e conectar a senda litoral prevista no PXOM.

-Establecer accións de recuperación medioambiental e paisaxística necesaria para as áreas degradadas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

RESUMO DA XORNADA INFORMATIVA DO 06-02-20

PUBLICACIÓN DO DOCUMENTO DE ALCANCE DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA