Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

ABERTO O TRÁMITE DE CONSULTAS PREVIAS DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ven de publicar, con data 28 de agosto de 2018, o acordo polo que se somete a consulta pública por un prazo de 2 meses o documento inicial estratéxico e o borrador do Plan Especial da Pedra do Sal. A documentación pódese consultar no seguinte enlace: http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto As observacións poden ser formuladas a través das seguintes canles: -A través do formulario informático habilitado na sede electrónica do órgao ambiental (http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto). -A través do correo electrónico : avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal -Mediante fax remitido ao número 981541048 -Mediante escrito presentado no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situado en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela