Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

ÁBRESE O PERÍDO DE INFORMACIÓN PÚBLICA E PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

Imaxe
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de setembro de 2021, acordou aprobar inicialmente o Plan especial da Pedra do Sal e protección do seu entorno. A aprobación inicial do plan publicouse no ANUNCIO do Diario Oficial de Galicia nº 204 do venres 22 de outubro de 2021. O plan especial será sometido a INFORMACIÓN PÚBLICA durante un prazo de dous meses,  comezando o día seguinte da publicación no DOG e con data de remate o día 23/12/2021. Durante este prazo, a veciñanza poderá consultar o documento e presentar as alegacións  que considere oportunas.  Ao mesmo tempo, dende o Concello de Carballo, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos ás diferentes administracións afectadas. Ábrese un espazo de atención personalizada   (con cita previa) no Fórum de Carballo co seguinte horario: Martes de 17 a 20h (tarde)   Mércores de 9:30 a 13:30h (manán) A DOCUMENTACIÓN do Plan especial poderá consultarse e descargarse na páxina web do Concello de Carballo, direct

XORNADAS INFORMATIVAS APROBACIÓN INICIAL OUTUBRO 2021

Imaxe
 O Concello de Carballo convoca unha serie de xornadas informativas para presentar á veciñanza o documento do Plan Especial da Pedra do Sal e protección do seu entorno, aprobado o pasado día 13 de setembro de 2021 pola Xunta de Goberno Local. Debido á situación da COVID-19, a presentación do plan repartirase en tres xornadas, que terán lugar os vindeiros días 14, 21 e 28 de outubro  de 2021. En cada xornada haberá dúas quendas: 1ª quenda: de 18:00 a 19:30h 2 ªquenda: de 19:30 a 21:00h Para asistir será necesaria cita previa. Agardámosvos