Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

O CONCELLO DE CARBALLO REMITE O PLAN ESPECIAL Á DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL E CAMBIO CLIMÁTICO

O Concello de Carballo trasladou unha copia do Borrador e do Documento inicial estratéxico á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ao obxecto de que sexa sometido a consulta do público e administracións. Unha vez finalizada a fase de consultas, o órgao emitirá o Documento de Alcance para a Avaliación Ambiental Estratéxica ordinaria do plan especial.