XORNADA INFORMATIVA SOBRE O DOCUMENTO DE APROBACIÓN INICIAL
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFHSwH8FBLeMaKg2ufGcpD6QjxpPDaiQ0Obb1W5NCFQi3R56JwInMq2hvAlWxW-JRfLJ63qW9RYt-10p9w3p_JrU1YAo1e1EzHCT_q0286EUYYSw_hzxMR_2t_C2Z3xdVWJFNsOYNv3yx5/s640/CARTEL_Xornada_Pedra+do+Sal_feb20.png)
O vindeiro xoves 6 de febreiro ás 19:00 no local social da Imende, terá lugar unha nova xornada informativa sobre o Plan Especial da Pedra do Sal, que previamente tamén será presentado ante os grupos políticos. Nesta ocasión exporase a ordenación urbanística recollida no Documento de Aprobación Inicial, que polo momento se atopa en trámite de informe previo dos organismos competentes en materia de Costas (nacional e autonómico). Esperamos a vosa asistencia!