Publicacións

XORNADAS INFORMATIVAS APROBACIÓN INICIAL OUTUBRO 2021

Imaxe
 O Concello de Carballo convoca unha serie de xornadas informativas para presentar á veciñanza o documento do Plan Especial da Pedra do Sal e protección do seu entorno, aprobado o pasado día 13 de setembro de 2021 pola Xunta de Goberno Local. Debido á situación da COVID-19, a presentación do plan repartirase en tres xornadas, que terán lugar os vindeiros días 14, 21 e 28 de outubro  de 2021. En cada xornada haberá dúas quendas: 1ª quenda: de 18:00 a 19:30h 2 ªquenda: de 19:30 a 21:00h Para asistir será necesaria cita previa. Agardámosvos

APROBACIÓN INICIAL DO PE

En data 13 de setembro de 2021 tivo lugar a aprobación incial, pola Xunta de Goberno Local, do Plan Especial da Pedra do Sal e de protección do seu entorno. A aprobación inicial do plan especial publicarase próximamente no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. A proposta de plan foi presentada o 27 de agosto de 2021 aos grupos da oposición. Dita proposta será sometida a información pública durante dous meses, a partir da publicación do anuncio correspondente no  Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, a veciñanza poderá consultar o documento e presentar as alegacións que considere oportunas.  As persoas titulares dos terreos afectados serán notificadas individualmente. Ao mesmo tempo, dende o Concello de Carballo, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos, ás diferentes administracións afectadas. Tal como se establece no Plan Xeral de Ordenación Municipal, no ámbito do plan especial non poderán outorgarse licencias ata o seu desenvol

RESUMO DA XORNADA INFORMATIVA DO 06-02-20

Imaxe
Publícase aquí o guión da  xornada informativa sobre o Documento de Aprobación Inicial do Plan Especial da Pedra do Sal que tivo lugar no centro social da Imende o 6 de febreiro de 2020. ESTE DOCUMENTO CONSISTE NUNHA PROPOSTA QUE PODE VARIAR ,  UNHA VEZ SE OBTEÑAN OS INFORMES DOS ORGANISMOS SECTORIAIS E SE TEÑAN EN CONTA AS ALEGACIÓNS.  OS CAMBIOS QUE SE PRODUZAN QUEDARÁN RECOLLIDOS POSTERIORMENTE NO DOCUMENTO DE APROBACIÓN DEFINITIVA