Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

APROBACIÓN INICIAL DO PE

En data 13 de setembro de 2021 tivo lugar a aprobación incial, pola Xunta de Goberno Local, do Plan Especial da Pedra do Sal e de protección do seu entorno. A aprobación inicial do plan especial publicarase próximamente no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. Dita proposta será sometida a información pública durante dous meses, a partir da publicación do anuncio correspondente no  Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, a veciñanza poderá consultar o documento e presentar as alegacións que considere oportunas.  As persoas titulares dos terreos afectados serán notificadas individualmente. Ao mesmo tempo, dende o Concello de Carballo, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos, ás diferentes administracións afectadas. Tal como se establece no Plan Xeral de Ordenación Municipal, no ámbito do plan especial non poderán outorgarse licencias ata o seu desenvolvemento