Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

PUBLICACIÓN DO DOCUMENTO DE ALCANCE DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou en data 20 de novembro de 2018 a resolución pola que se formula o Documento de Alcance para a Avaliación Ambiental Estratéxica ordinaria do PE de Pedra do Sal, tras o peche do período de consulta pública previa dos documentos presentados. Durante o período de consulta emitiron informe os seguintes organismos: -Instituto de Estudos do Territorio -Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo -Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica Podes consultar a nomeada resolución xunto co resto da documentación no seguinte enlace: Web da DX de Calidade Ambiental e Cambio Climático. Xunta de Galicia