XORNADAS INFORMATIVAS APROBACIÓN INICIAL OUTUBRO 2021
O Concello de Carballo convoca unha serie de xornadas informativas para presentar á veciñanza o documento do Plan Especial da Pedra do Sal e protección do seu entorno, aprobado o pasado día 13 de setembro de 2021 pola Xunta de Goberno Local.
Debido á situación da COVID-19, a presentación do plan repartirase en tres xornadas, que terán lugar os vindeiros días 14, 21 e 28 de outubro de 2021. En cada xornada haberá dúas quendas:
1ª quenda: de 18:00 a 19:30h
2 ªquenda: de 19:30 a 21:00h
Para asistir será necesaria cita previa.
Agardámosvos
Comentarios
Publicar un comentario