ABERTO O TRÁMITE DE CONSULTAS PREVIAS DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ven de publicar, con data 28 de agosto de 2018, o acordo polo que se somete a consulta pública por un prazo de 2 meses o documento inicial estratéxico e o borrador do Plan Especial da Pedra do Sal.

A documentación pódese consultar no seguinte enlace:

http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto

As observacións poden ser formuladas a través das seguintes canles:

-A través do formulario informático habilitado na sede electrónica do órgao ambiental (http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto).
-A través do correo electrónico: avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal
-Mediante fax remitido ao número 981541048
-Mediante escrito presentado no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situado en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ÁBRESE O PERÍDO DE INFORMACIÓN PÚBLICA E PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

XORNADAS INFORMATIVAS APROBACIÓN INICIAL OUTUBRO 2021

RESUMO DA XORNADA INFORMATIVA DO 06-02-20