¿CÓMO XURDE O PLAN ESPECIAL DA PEDRA DO SAL?


A súa andadura comeza co Plan de Ordenación do Litoral (POL), o cal, na pula pola conservación, protección e valorización das zonas costeiras galegas, recoñece a necesidade de mellorar unha serie de aspectos no asentamento litoral da Pedra do Sal, relacionados coa calidade ambiental, natural, paisaxística e urbana do mesmo.

Con este obxectivo o POL establece para o asentamento un “área de recualificación”, que posteriormente se traduce ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo (PXOM), a través da previsión do “Plan Especial de ordenación do núcleo rural de Pedra do Sal e protección do seu entorno”.

Por outra banda, o Catálogo das Paisaxes de Galicia, incide, á súa vez, na necesidade da mellora dos aspectos paisaxísticos do asentamento da Pedra do Sal, fixando un “ámbito de especial atención paisaxística”, en contraste cos valores da Lagoa de Baldaio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ÁBRESE O PERÍDO DE INFORMACIÓN PÚBLICA E PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

RESUMO DA XORNADA INFORMATIVA DO 06-02-20

XORNADAS INFORMATIVAS APROBACIÓN INICIAL OUTUBRO 2021