ÁBRESE O PERÍDO DE INFORMACIÓN PÚBLICA E PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de setembro de 2021, acordou aprobar inicialmente o Plan especial da Pedra do Sal e protección do seu entorno. A aprobación inicial do plan publicouse no ANUNCIO do Diario Oficial de Galicia nº 204 do venres 22 de outubro de 2021. O plan especial será sometido a INFORMACIÓN PÚBLICA durante un prazo de dous meses, comezando o día seguinte da publicación no DOG e con data de remate o día 23/12/2021. Durante este prazo, a veciñanza poderá consultar o documento e presentar as alegacións que considere oportunas. Ao mesmo tempo, dende o Concello de Carballo, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos ás diferentes administracións afectadas. Ábrese un espazo de atención personalizada (con cita previa) no Fórum de Carballo co seguinte horario: Martes de 17 a 20h (tarde) Mércores de 9:30 a 13:30h (manán) A DOCUMENTACIÓN do Plan especial poderá consultarse e descargarse na páxina web do Concello de Carballo, direct